• Esta é a nova xeración de emprendedores que moverá a economía galega

    O estudo que deseña o próximo supervendas do mercado dos videoxogos. A startup capaz de adaptar o alugueiro de coches e os concesionarios ao novo modelo de mobilidade. A axencia que lles outorga intelixencia aos asistentes virtuais. Que teñen en común? Creatividade e innovación. Son o reflexo da nova economía impulsada desde Galicia.

    Ler máis

  • Estes zapatos camiñan de volta a unha segunda vida

    Fast fashion e economía circular. Difícil combinación. A industria da moda ten por diante o enorme desafío da sustentabilidade. Moitas empresas de roupa buscan xa como cambiar o seu modelo de produción vertixinosa e no sector do calzado a galega Krack é pioneira na busca da reciclaxe masiva de zapatos para que a única pegada que deixen no medio ambiente sexa ao pisar.

    Ler máis

  • Unha carreira sen obstáculos para os atletas do coñecemento

    O tempo xoga en contra dos innovadores. Canto máis se dilate un proxecto, máis posibilidades hai de que outro se adiante ou a novidade deixe de ser tal. O Horizonte 2020 da UE é unha oportunidade de ouro para que investigadores e empresas cheguen os primeiros á meta da excelencia a través de proxectos de grande envergadura.

    Ler máis

  • Dámosche a benvida ao hotel máis comprometido coa túa saúde

    Calquera negocio ten o reto en plena pandemia de ser seguro e, ademais, que os seus clientes o perciban así. Especialmente aqueles con movemento de persoas como os hoteis. Tattoo, unha das grandes referencias do sector contract en Galicia, desenvolveu unha innovadora cabina desinfectante de equipaxe para facilitar o check-in e axudar a reforzar a boa imaxe do sector.

    Ler máis

  • A innovación galega fai equipo para ofrecer solucións fronte á pandemia

    Por se quedaba algunha dúbida da súa importancia para a sociedade, o coronavirus evidenciou, entre outras moitas leccións, que a I+D+i salva vidas. Galicia teceu unha ampla rede de innovadores nos últimos anos que agora reaccionou en tempo récord para poñer o seu coñecemento a disposición da loita contra a pandemia. Buscan unha vacina, tratamentos, novas medidas de protección e mesmo a mellor forma de que a economía se adapte á nova normalidade.

    Ler máis