• Un vixiante con moito olfacto na porta de entrada do coronavirus

    A medida que avanza a pandemia e o coñecemento sobre a covid-19, os científicos teñen máis claro que a perda de olfacto e gusto é un dos síntomas maioritarios e dos primeiros en aparecer. Ás veces mesmo o único. Con toda a súa experiencia en análise sensorial, a empresa galega Tastelab conseguiu deseñar un innovador kit que permite a detección precoz da enfermidade a través do teléfono móbil.

    Ler máis

  • Non hai misión imposible para estes rastrexadores de altura

    Se xa en solitario radares e drons permiten prestar unha enorme gama de servizos cada vez máis sofisticados, xuntos forman un superheroe 4.0. Olfacto privilexiado e o poder de voar. Co seu propio sistema de sensores de gran precisión patentado, Raytrack aproveita esa simbiose tecnolóxica para buscar minas antipersoa e inspeccionar o estado de antenas.

    Ler máis

  • Coas redes soltas no caladoiro da innovación

    Dunha pequena intermediaria do comercio de peixe nos anos 80 naceu a actual líder mundial do lagostino austral e da pescada. Poucos na historia do sector protagonizan un crecemento tan meteórico como Iberconsa. O grupo acaba de abrir en Vigo a súa primeira fábrica en Europa, a xoia da coroa da súa estratexia de I+D para cociñar produtos de alto valor engadido.

    Ler máis

  • O pastor máis intelixente para a gandería 4.0

    Elio, Óscar e Daniel eran tres estudantes universitarios cando en 2018 se obsesionaron con poñer a tecnoloxía ao servizo das granxas para dar un respiro aos gandeiros e mellorar a produción. A piques de saír ao mercado, iTechTerm monitoriza os movementos das vacas para alertar de posibles incidencias. Hai xa clientes esperando en Indonesia e países Latinoamericanos.

    Ler máis

  • Un novo pulmón de aceiro para agarrarse á vida

    A unión fixo a forza nun gran consorcio de empresas encabezado pola start-up Bionix que, en plena crise do coronavirus, reorientou o seu talento innovador en busca de osíxeno. O Freesterra-1 é o primeiro respirador deseñado e fabricado integramente en Galicia. Dotado con tecnoloxía de última xeración, custa a metade que a media do mercado. Só falta o ensaio en humanos e xa hai hospitais de varios países interesados en compralo.

    Ler máis