• As novas tecnoloxías que optimizan o sector primario

    «Grazas á innovación melloramos a calidade de vida dos gandeiros e gandeiras e tamén das vacas».

    Non hai nada como coñecer unha actividade tradicional a fondo para idear a maneira de levala ao século XXI. Os fundadores de Innogando criáronse entre vacas e así foi como se lles ocorreu aplicar os seus coñecementos para sacar ao mercado un dispositivo que cambiará para sempre as duras condicións de traballo nas explotacións gandeiras. Chámase Rumi. Con el, os propietarios das granxas poden monitorizar as reses en tempo real para que todos gañen en benestar e mellore a produtividade do negocio.

    Ler máis

  • O sabor dos bosques galegos en todo o mundo

    «Sen valor engadido en produto e marca, non poderiamos competir no mercado internacional da castaña».

    Cando a alta cociña devolveu o protagonismo perdido á castaña, Alibós xa estaba aí. Coñecía dabondo o produto porque levaba anos aproveitando os alimentos silvestres. A empresa de Lugo decidiu plantarlle cara á industria transformadora doutros países. A súa aposta triunfou, apoiada na calidade da castaña galega, na economía circular e na innovación constante en produtos e procesos para romper os esquemas dun sector pouco dado aos cambios.

    Ler máis

  • Innovar para volver á esencia do turismo rural

    «A oferta rural convencional estaba obsoleta e a innovación era a resposta».

    Aldea do Mazo naceu das ruínas dun antigo poboado de artesáns do ferro no Courel. Na cabeza do seu promotor non estaba explotar o de sempre, senón todo o contrario: cambiar o modelo de turismo rural. Suso Fernández observou que a demanda estaba cambiando e lanzouse a innovar para dar resposta á demanda crecente de visitantes que desexan empaparse da natureza. O resultado é un complexo sustentable, polivalente e, sobre todo, cunha proposta de valor singular e atractiva para turistas e empresas.

    Ler máis

  • O formigón do futuro crece nos montes galegos

    As vigas de moitas casas antigas do rural sobreviven a aqueles tempos nos que a madeira era o elemento fundamental da construción. Natural e reciclable, ningún outro material cumpre tantos requisitos para liderar agora a sustentabilidade e a economía circular no sector. Finsa e Pemade están a piques de fabricar os primeiros prototipos dunha nova xeración de paredes, muros e teitos que nacen nos montes galegos.

    Ler máis

  • De descartes a superalimentos tras unha sesión de sauna

    Cada ano en España acaban no lixo 1.300 millóns de quilos de alimentos. Moitos frescos nin sequera entran na cadea de distribución porque son excesivamente grandes ou moi pequenos, demasiado maduros ou con imperfeccións. Moodbytes sae ao rescate dos kiwis, mazás e grelos que se desperdician para convertelos en produtos de alto valor engadido en forma de batidos e barriñas saudables.

    Ler máis