-
Hackers da ciencia para descifrar o ADN
A explicación xenética é para moitos enfermos a única esperanza de coñecer a súa doenza e tratarse. Máis de 20.000 cada ano, sobre todo con tumores hereditarios ou por mutacións, reciben un diagnóstico da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. É un organismo pioneiro na investigación dos segredos do ADN humano e modelo para outras comunidades autónomas, co foco posto na medicina personalizada do futuro.
Ler máis -
Alimentos a pedir de boca para vivir máis e mellor
Dime que comes e direiche como es. A medicina ten cada vez máis claro que a dieta é un dos factores máis influentes no benestar das persoas. E ao revés: que en función dos seus xenes, un individuo tolerará mellor ou peor un alimento. A partir dunha análise de saliva, a empresa galega Mercantia é capaz de elaborar bebidas personalizadas e adaptadas ao metabolismo de cada consumidor.
Ler máis -
A oncoloxía sae faenar con nasas para pescar tumores
Parecía ciencia ficción: capturar células canceríxenas coma se fosen cangrexos? Con esa idea lanzouse en 2012 un grupo de investigadores da FIDIS que hoxe ensaia xa en oito hospitais un innovador dispositivo para frear a metástase dos tumores en ovarios. Nasasbiotech aspira a facer historia na oncoloxía.
Ler máis -
A parella de top models que triunfan na pasarela mundial do albariño
Cansos de que parte da súa produción non atopara comprador, un grupo de viticultores do Salnés lanzou hai case década e media unha cooperativa propia coa firme disposición a ser diferentes. A súa principal marca, Paco&Lola, é hoxe un dos brancos máis coñecidos das Rías Baixas grazas á calidade da materia prima e un deseño rompedor que lle valeu o título do albariño “máis elegante do mundo”.
Ler máis -
Sacando brillo á loita contra os microplásticos
Entre todas as frontes abertas na loita pola sustentabilidade, o freo ao plástico é, sen dúbida, un dos que maior concienciación esperta. Con esa filosofía naceu Iberluffa, que vende en medio mundo esponxas de baño vexetais cultivadas e tratadas en Caldas de Reis. O seu novo produto é un innovador estropallo biodegradable para contaminar menos facendo algo tan habitual como fregar os pratos.
Ler máis