-
Non todas as bacterias son malas, hai unha que pode sacar o mellor sorriso
Hai poucas enfermidades máis comúns que a carie. A partir dos 64 anos, unha persoa ten de media 14 dentes danados. Á limpeza e a unha dieta sa súmase agora un protector para a saúde bucodental patentado pola Fundación Biomédica Galicia Sur a partir dunha bacteria descoñecida ata agora e que foi descuberta grazas á colaboración de persoas con síndrome de Down.
Ler máis -
A outra doutora que fará que ao teu médico non se lle escape nada
A intelixencia artificial está a cambiar a medicina. Hai xa moitas ferramentas de axuda aos profesionais da saúde para ser máis eficientes e precisos. Ese é tamén o obxectivo dun innovador sistema creado por un grupo de empresas liderado por Health in Code que integra todas as recomendacións das guías clínicas para que o médico poida tomar sempre a mellor decisión.
Ler máis -
A fábrica do futuro que naceu do pasado da tele
A Industria 4.0 é o equivalente para a empresa ao profundo proceso de dixitalización que vive a sociedade no seu conxunto. A adaptación é, segundo os expertos, irrenunciable para todas as que queiran seguir adiante. En Televés, máis que unha cuestión de supervivencia, aspiran a que o cambio de modelo permita reforzar o seu liderado no sector tecnolóxico e ampliar a súa actividade a outros nichos de mercado como a aeronáutica, as comunicacións 5G e os servizos sociais.
Ler máis -
Os fármacos collen o taxi para ir directos contra o cancro
Hai lugares do organismo aos que os medicamentos convencionais non poden chegar ou a súa administración provoca efectos adversos. Ocorre, por exemplo, en determinados tipos de cancro e metástase en células con fortes barreiras biolóxicas. Aproveitando as vantaxes da nanotecnoloxía, un grupo de investigadoras galegas creou un innovador sistema que leva os fármacos ata a raíz da enfermidade para espremer a súa eficacia e facelos máis seguros.
Ler máis -
Este medicamento ten unha segunda vida: facer fronte á obesidade
Cada ano saen ao mercado uns 200 fármacos que non son novos de todo, pero si que cambian de misión. O reposicionamiento dun medicamento, ás veces por casualidade e outras pola análise das súas propiedades, permite acurtar os prazos e os custos da investigación e dar solucións innovadoras a enfermidades diferentes. É o que fai o grupo de Metabolismo Molecular da USC cun composto orixinalmente empregado en quimioterapia e que agora demostra a súa eficacia para combater o fígado graxo, unha das principais consecuencias da obesidade.
Ler máis