• Da impresora ao paciente, así son os ósos que van cambiar a medicina

    Hai poucos inventos tan disruptivos como a impresión en 3D, coa que hoxe se fabrican xa roupa, xoguetes, pezas de coches ou fachadas de edificios. O Instituto de Cerámica de Galicia leva anos utilizando esta tecnoloxía para crear implantes e agora lanza unha nova empresa de ósos artificiais á carta para vítimas de accidentes e enfermos de cancro. A cerámica e a medicina entran xuntas nunha nova dimensión.

    Ler máis

  • A auga que volve á billa tan limpa como a primeira vez

    Sen auga non existe vida nin desenvolvemento económico. O futuro dun territorio depende da capacidade para afrontar a crecente demanda e, á vez, devolver o recurso á natureza en condicións óptimas para a súa reutilización. O centro tecnolóxico Cetaqua Galicia e a empresa Viaqua crearon tres tecnoloxías innovadoras de tratamento e lánzanse agora a converter depuradoras en “biofactorías” onde incluso se poidan aproveitar os lodos.

    Ler máis

  • Xaque ás sementes máis rebeldes do cancro

    O cancro provoca cada ano a morte de máis de 8 millóns de persoas no mundo, o 90% por mor dunha metástase. Aí está o principal desafío da oncoloxía: descifrar o comportamento das células que expanden a enfermidade e lograr medicamentos que a cronifiquen. O grupo de investigación Oncomet e a farmacéutica Roche traballan desde Galicia na mellora do diagnóstico e o tratamento da man da medicina personalizada.

    Ler máis

  • O cuartel xeral que fai tremer os ciberdelincuentes

    Hai tempo que a amenaza deixou de ser só un virus que pode entrar por un correo electrónico. O crecente nivel de conexión dixital multiplica os riscos para a seguridade dos usuarios e dos procesos de produción das empresas. Telefónica e Gradiant traballan en solucións integrais contra a delincuencia na rede desde TEGRA, o centro de investigación que converterá Galicia en referencia da ciberseguridade.

    Ler máis

  • Un cazatendencias con dereito a intimar coa moda

    Hai moito tempo que a lencería deixou de ser a irmá pequena da industria téxtil. Sábeo moi ben Selmark, líder española en fabricación de roupa interior feminina. Case medio século despois de nacer, a veterana empresa galega mantén intacto o seu compromiso coa calidade das pezas e o protagonismo do cliente, totalmente integrado no proceso creativo grazas a un innovador modelo de xestión.

    Ler máis