• O tamaño nos móbiles non importa: adeus ás pantallas pequenas

    Os innumerables servizos que prestan os smartphones chocan a miúdo coa incomodidade dunha pantalla pequena en comparación con outros dispositivos que permiten visualizar mellor cada tarefa e aproveitar as aplicacións. Ancora, unha spin-off da Universidade de Vigo, desenvolveu un software que permite trasladar de forma segura a interface do teléfono a unha pantalla máis grande.

    Ler máis

  • O que antes se devolvía ao mar... agora pode rexenerar os ósos

    Os biomateriais están en auxe. Son un aliado perfecto para a medicina rexenerativa na procura de solucións innovadoras no tratamento de tecidos danados por enfermidades. Científicos da Universidade de Vigo conseguiron desenvolver un novo recheo óseo a partir de dentes de tiburóns procedentes da pesca sustentable, que ademais permiten valorizar os descartes no sector.

    Ler máis

  • O sabor dos queixos que facían as nosas avoas dá a volta ao mundo

    A creación da denominación de orixe do queixo de San Simón da Costa hai 20 anos estimulou a actividade dos pequenos fabricantes deste manxar típico da gastronomía galega. Prestes soubo aproveitar o tirón e, xa na segunda xeración á fronte do negocio, vende fóra o 65% da súa produción. Gañadora varias veces dos premios aos mellores do mundo no sector, da súa fábrica saiu o primeiro queixo azul de Galicia.

    Ler máis

  • A dor crónica ten os días contados

    A dor crónica non foi considerada unha enfermidade en si mesma ata mediados do século XX. Por iso os avances nos tratamentos veñen con retraso e os medicamentos son antigos e pouco efectivos. O grupo de investigación Biofarma e a farmacéutica Esteve lideran a primeira colaboración público-privada de innovación aberta neste campo en España para lanzar ao mercado unha nova xeración de analxésicos polos que espera ansioso o 20% da poboación.

    Ler máis

  • Si, a beleza está no interior… das superplantas

    Os superalimentos son a resposta á crecente preocupación do consumidor por unha vida sa. Todo un fenómeno que está a cambiar a dieta diaria de millóns de persoas. A biotecnolóxica galega Glecex é pioneira no desenvolvemento de extractos naturais e conta cunha liña de produtos saudables que comenzará a exportar en 2018.

    Ler máis