• As máquinas trituradoras que levan o estilo no ADN

    «A innovación fíxonos líderes en España e agora queremos ser líderes mundiais».

    A aposta polo deseño cambiou para sempre o rumbo de TMC Cancela. Desde Tordoia (A Coruña) exporta a medio mundo a maquinaria de trituración para agricultura, forestal e construción máis innovadora e imitada do mercado. A empresa camiña cara a unha nova gama de produtos máis sustentables co mesmo espírito de evolución continua das súas orixes.

    Ler máis

  • A biotecnoloxía ao servizo dunha dieta saudable e sustentable

    «O sector biotecnolóxico evoluciona tanto que, ou estás ao día, ou morres».

    Desde que empezou a súa andaina hai 35 anos, Proquiga investiu todos os beneficios en seguir innovando. A biotecnolóxica galega é xa unha referente na tendencia “etiqueta limpa” para substituír os aditivos artificiais na industria alimentaria e avanzar na sustentabilidade do sector. Ten máis de 500 ingredientes naturais en carteira que vende en cerca de 60 países.

    Ler máis

  • A gran familia de ferreiros que moldea o futuro do metal

    «As pequenas melloras incrementais son a base da evolución dunha empresa».

    Dos proxectos de enxeñería ao mantemento de instalacións industriais e parques eólicos. O grupo Intaf estende a súa actividade por toda a cadea de valor metal-mecánica para dar un servizo especializado e integral ao naval, a siderometalurxia e a enerxía. A súa innovadora xestión interna e as alianzas tecnolóxicas con outras empresas convertérona nun referente en Galicia de adaptación aos cambios da economía.

    Ler máis

  • O xigante pesqueiro que naceu a bordo dun catro latas

    «Hai que revisar constantemente os procesos para diferenciarse e crecer».

    Despois de máis de 50 anos no mercado, Pescados Rubén conserva intacta a súa obsesión pola calidade do produto. A ese obxectivo dirixe toda a súa actividade innovadora, que lle permite contar cun dos mellores sistemas de conxelación da industria alimentaria española para fortalecer a exportación. O grupo de Foz está a piques de lanzar unha nova liña de negocio de pescada fresca “para o consumidor moderno”.

    Ler máis

  • A receita para unha cociña de tres estrelas

    «Hai que perder o medo ao cambio para seguir o ritmo do mercado».

    Detrás das zonas de restauración de moitas das tendas de Ikea en Europa, de cadeas hoteleiras en España e en América, de chefs premiados por Michelín ou mesmo na sede do Commercial Bank de Etiopía, está Migán. A empresa empezou hai 60 anos fabricando frigoríficos de madeira a medida. Hoxe desenvolve desde Lugo proxectos integrais de cociñas industriais á última en novos materiais, ergonomía, eficiencia enerxética ou contaminación acústica.

    Ler máis