• Unha bodega 4.0 para atraer novas xeracións á viticultura

    «Grazas á innovación podemos facer o seguimento do viñedo desde o sofá da casa».

    Os viños de Viña Costeira entran pola boca e polos ollos. Primeiro foi un longo proceso de recuperación das variedades autóctonas do Ribeiro para volver a un produto de calidade. Agora, a cooperativa viste de gala as súas botellas para poñer en valor o traballo dun sector que se quere converter nunha opción laboral atractiva para os mozos e mozas mediante a dixitalización e a innovación comercial.

    Ler máis

  • Os drons galegos que fan voar moi alto a innovación

    «Queremos diferenciarnos, ser mellores cada día. E iso vén da innovación».

    Aerocamaras entra na loxística mariña cun servizo de delivery para iates e outro de subministración a grandes buques. É o enésimo exemplo do talento innovador desta empresa de solucións integrais con drons que despegou no sector cando os avións non tripulados eran case ciencia ficción e que voa cada vez máis alto co seu propio modelo de UAV e con 34 escolas de formación de pilotos.

    Ler máis

  • Entre a tradición e as últimas tecnoloxías: así se cociñan as patacas máis saborosas do mercado

    «Para aguantar nun mercado tan competitivo coma o alimentario tes que diferenciarte».

    Gallega de Patatas foxe dos produtos reclamo e dos baixos prezos que tanto dano lle fan ao sector alimentario. A distribuidora ourensá compite en calidade para darlle un valor engadido á produción dos seus agricultores e agricultoras de confianza. A innovación coida de cada paso que dan os tubérculos, desde as boas prácticas no cultivo ata o estante do supermercado cunha imaxe renovada e claramente identificable.

    Ler máis

  • O software de refrixeración que loita por un planeta verde

    «Estar sempre á vangarda en innovación permitiunos ser un referente en xestión e eficiencia enerxética».

    Despois de ser pioneira no uso do CO2 como refrixerante en España, Cofrico quere agora liderar a xestión eficiente da enerxía nas grandes instalacións industriais. A empresa galega especializada en solucións de frío e climatización desenvolveu unha disruptiva plataforma con ferramentas da industria 4.0 e big data que pode reducir a factura eléctrica ata un 50 % e anticipa posibles avarías nas instalacións.

    Ler máis

  • Estes son os produtos de limpeza que lle sacan brillo á innovación

    «A alternativa á innovación é quedar atrás e estancarse».

    Por moi difícil que pareza, Ausavil non rexeita ningunha nova oportunidade de negocio. O seu espírito emprendedor e a aposta pola I+D continua converteu a empresa da Estrada (Pontevedra) nunha referencia no sector da limpeza e da xardinería. O grupo acaba de lanzar a súa quinta marca para a fabricación de produtos químicos e está a construír unha fábrica automatizada para seguir crecendo.

    Ler máis