Sobre o Blog
Con G de ganadores recolle experiencias de innovación deseñadas, promovidas e realizadas en Galicia. Os casos de éxito que se relatan aquí son historias inspiradoras sobre a capacidade que ten a I+D+I para cambiar as cousas, sobre todo cando a iniciativa emprendedora e o traballo en equipo están detrás.
Este blog é unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia ao servizo de toda a cidadanía. O seu obxectivo é difundir a cultura da innovación entre todos os galegos e galegas a través de iniciativas e proxectos concretos.
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Axencia Galega de Innovación. A información dispoñible neste blog, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do blog, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
En consonancia co anterior, de xeito xeral a licenza Creative Commons Atribución - Compartir Igual 4.0
é baixo a que se distribúen os contidos deste blog.